Pablo
Bouza

Pablo Bouza Suárez. Fene (A Coruña) en 1965. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como funcionario dende o ano 1990 no Concello de Culleredo (localidade onde reside), desempeñando o cargo de xefe de servizo de Cultura.

Participa nos II e III Encontros de Pintura e Poesía organizado pola Deputación Provincial da Coruña.
Xurado no Certame Manuel Murguía de ensaio da Deputación Provincial da Coruña. Anos 2004 e 2006 .
Xurado no Certame Literario Suárez Ferrin. FEPS. 2008-2009.
Participa nos I e II Diálogo de Pintura e Poesía. Culleredo 2008-2009.
Participa no III Encontro coa Arte. Lembrando a “Blanco Amor”. Brión 2008.
Ten publicado poemas en revistas como Poesía Galicia ou Anuario Brigantino.
Participa como poeta no proxecto-exposición “Unha marea de amor” no 25º Aniversario do Centro de Orientación Familiar da Coruña.

PREMIOS

3º premio no Certame de Poesía “Hernán Esquío” (1984).

Accésit no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2000).

1º Premio no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2002)

1º premio ex aequo no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2003).

1º premio no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2004).

1º premio no Certame de Poesía “Conde de Gondomar” no Val Miñor (2007).

3º premio no Certame de Poesía da Asociación “Rosalía de Castro” de Cornellá (Barcelona) (2007).

1º Premio no Certame de Poesía “Francisco Añón” (2008) do Concello de Outes.

1º Premio no Certame de Poesía “Concello de Marín”( 2009).

1º Premio no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2009).

1º Premio no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2010).

PUBLICACIÓNS

Artigos:

-“Notas da viaxe iniciática dun aprendiz de poeta na busca do espírito de Mariñán”, pp: 25-29, en AAVV: II Encontro coa pintura e a poesía, Deputación da Coruña, A Coruña, 2006.

-“Jano Muñoz. Pintura clásica contemporánea”, en Catálogo da exposición de Jano Muñoz, Caixanova (2007).

-“As escolas culturais de Culleredo: da democracia cultural á transformación social”. Interea visual. Deputación da Coruña, 2006.

-“Poemas” en catálogo da exposición “La piel de la piedra” do escultor Francisco Escudero, Galería Coleccionan, A Coruña 2009.

Libros:

In aeternum. Poesía Deputación da Coruña (2007).

O home que falaba coas baleas. Colección Premio de Poesía “Francisco Añón” Concello de Outes (2008).

Ingrávido Signo. Espiral Maior (2010)

Na intimidade do azougue. Espiral Maior (2011)

Na procura do Norte. Alvarellos Editora (No prelo)

[Xaneiro, 2012]