Patricia
Mallo

Vigo, 1985. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e acadou bolsas para estudar e traballar en países como México, Italia, Reino Unido e a India.
A súa traxectoria profesional desenvolveuse en sectores como a prensa, o márketing online e as relacións internacionais. Ao tempo fixo múltiples cursos de escritura creativa, guións, interpretación e improvisación teatral.
Tras escribir e producir a curtametraxe ¿Amigos?, debuta coa novela infantil Os Cabezombis na Mansión Espello, na que mestura os seus temas preferidos: humor, misterio e fantasía.

[Xaneiro, 2017]