Suso
Díaz

Nacín o 1 de maio de 1971, en Ludeiros (Lobios). Comecei estudos de Filoloxía Hispánica. Dende o ano 1997 son funcionario da Junta de Extremadura.

Todo, ou case todo o que son, habita nas palabras que escribo, nos silencios nos que resisto. Quixera ser compoñedor de versos.

Os que queiran saber de min terán que procurarme nos baleiros das palabras, na conxunción sonora dos silencios.

[Decembro, 2015]