Xesús Manuel
Marcos

Nacín en Seoane do Courel no ano 1967. Cursei estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballo como funcionario da Administración de Xustiza en Madrid.

Comecei a miña xeira como narrador co relato Fuxidos, Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo no ano 1992. Logo, o relato Aliados Solitarios resultou galardoado no Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro no ano 1994, ao que seguiu o Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo no ano 1994 polo relato A Cela de Arame. No ano 1995 fun galardoado co Premio Carvalho Calero de Narrativa, polo libro de relatos Terra Queimada. No 1996 recibín o Premio de Novela Curta do Concello de Marín. Logo dunha paréntese, no ano 2004 recibín o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, polo libro O Brindo de Ouro. I. A Chamada do Brindo, incluido no The Whithe Ravens en 2005. No ano 2006 volvín ser premiado co Premio de Narrativa Manuel Murguía do Concello de Arteixo, polo relato A caída da Folla, e no ano 2007 fun galardoado co Premio de Novela do Concello de Melide, pola obra A Lúa dos Everglades. Publiquei colaboracións xornalísticas nos Diarios O Correo Galego, A Voz de Galicia e O Progreso.

[Setembro, 2007]