Xoán
Costa

Nacín nunha aldea de tres casas chamada cun nome de tres letras. Era 1956. Zan foi o mundo da miña infancia.

Cando tiña oito anos ben entrados fun á escola. Aos 14 comecei o bacharelato e despois estudei Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliei estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Fun profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983; profesor no IES de Elviña (A Coruña), en 1984 e no IES Menéndez Pidal desa mesma cidade desde 1985 a 2016. Desde 2001 son presidente da AS-PG.

Fixen algúns estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborei en publicacións periódicas galegas (A Nosa Terra, Terra e Tempo). Entre 1985 e 1987 fun director da Revista Agália.

Na actualidade colaboro en Sermos Galiza.

[25 de novembro de 2017]