Xosé Luís
Vázquez Somoza

Naceu no 1961 en Zolle, Guntín, Lugo.

Licenciado en Filoloxía, a súa tese de Licenciatura (inédita) foi "O galego en Zolle (Guntín)".

Profesor de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti. Lugo.

- Premio IX Certame de Narracións Breves 'Manuel Murguía', ex-aequo con Xosé Carlos Caneiro. Título do relato: A fervenza (2000)

- 1° Accésit no XXVIII Certame Nacional galego de Narracións breves 'Modesto Rodríguez Figueiredo'. Título do relato: Río de esquecemento. Publicado no 2004 en Ediciós do Castro. (2002)

- Accésit no XXX Certame Nacional galego de Narracións breves 'Modesto Rodríguez Figueiredo'. Título do relato: A Ponte Cabalar (2004)

- 1° Premio no IX Certame de Narración Curta 'Ánxel Fole'. Título do relato: Nube de seda na Lúa (2007)

- Accésit no Décimo Certame de Cartas de Amor convocado por Radiofusión. (2008)