Xosé Manuel
Lema Mouzo

Xosé Manuel Lema Mouzo naceu un 6 de agosto de 1974, na localidade de Ponte do Porto, onde moi novo comezou e ler libros e a escribir os seus primeiros poemas, gañando algúns concursos escolares tanto no colexio coma no Instituto e participando no Colectivo poético Blas Espín.

Con quince anos colaboraba ocasionalmente en medios radiofónicos como a emisora municipal de Corcubión ou a Radio Galega. Gañou algúns certames poéticos: Francisco Aguiar (Betanzos), Concello de Ordes, Concello de Malpica, Terra de Sena de Cee, Casino de Fisterra, etc… Colaborou en medios como “Dorna”, “Gume”, “Luzes de Galicia” ou “Blas Espín”,

No 1989 é un dos fundadores e vocalista do grupo rock Sobrekarga que actúa por diversos recunchos de Galicia, tocando con bandas como Os Resentidos ou os Diplomáticos de Monte Alto.

No 1993, Manuel Rivas preséntao nun recital na sede de Sargadelos, que derivaría na publicación do seu primeiro poemario Os dentes da noite, prologado polo propio Rivas. Nesta época inicia un percorrido de varios anos como correspondente da Radio Galega e da Agencia Efe na Costa da Morte, así como noutros medios. Nese mesmo ano o grupo Sobrekarga, publica un casete en Edisco Records, onde tres cancións (“Costa da Morte” “Amiga” e “Sobrekarga”) son compostas por Lema.

En 1995, deixa a formación pero escribe dous temas “Flores Negras” e “Terceira guerra mundial” para o grupo que publicará un Cd en Clave Records.

No 2001, empeza a traballar en Radio Líder, dirixindo a emisora de Santa Comba, e dirixindo o xornal comarcal El Periódico de Bergantiños e colaborando nos medios deste grupo. No 2005, bota a andar a web Anosacosta.com, e despois Anosagalicia.es, onde segue publicando artigos e tamén versos.

Posteriormente os seus poemas aparecen en varios libros colectivos Rumbo as Illas, ou De Pondal ao Batallón literario (Sotelo Blanco). Recibiu un premio na “Gala do Deporte” do concello de Santa Comba pola súa laboura informativa. No 2009 gaña o certame poético do Concello de Ordes e o Colonial Café de Cee.

No 2010, publica o libro Cartafol de Néboas (Edicións do Castro), prologado por Xulio López Valcarcel.

[Marzo, 2012]