Xulio
Ríos

Xulio Ríos (Moaña, 1958) é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, desde a súa fundación en 1991. Director da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

- Graduado Social e Licenciado en Dereito pola USC.

Autor dos seguintes libros:

- [1991] A conversión de Polonia (Edicións do Cumio)

- [1992] ¿Que foi daquel soño? (Edicións Xerais)

- [1992] Galicia e a Sociedade das Nacións (Editorial Galaxia)

- [1997] Biografía de Plácido Castro (Ir Indo)

- [1997] China, a próxima superpotencia (Laiovento)

- [1997] Hong Kong, camiño de volta (Laiovento)

- [1998] A China por dentro (Xerais)

- [1998] China (Icaria)

- [2001] Sempre no Mundo (Igadi)

- [2002] Plácido Castro, compilación xornalística (Ediciós do Castro)

- [2004] Lois Tobío (Galegos na Historia, Ir Indo)

- [2005] La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente (Edicións Bellatera)

Compilador e introductor de:

- [1995] Nacións Unidas. Textos fundamentais (Edicións Xerais)

- [1998] Os dereitos da humanidade (Edicións Xerais)

Co-autor de:

- [1994] Pensar a democracia (Editorial Inquérito, Lisboa)

- [1995] Os conflictos dos Balcáns (Ir Indo Edicións)

- [1996] Rusia: das orixes á quebra dun modelo (Ir Indo Edicións)

- [1998] Cuba, independencia e revolución (edicións do Cumio)

- [2002] A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia (Aieti).

- [2002] Plácido Castro, no Centenario (Igadi).

- Colaborador dos Anuarios do Centro de Investigación para la Paz (Madrid) desde 1993.

- Colabora habitualmente nos medios de comunicación, principalmente nos xornais El Mundo, La Vanguardia e Diario El Correo. Tamén no semanario A Nosa Terra. Tamén colaborou en: Diario de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, O Correo Galego, ou El Independiente. Tamén en Radio e Televisión de Galicia, Radio Intereconomía, Radio Nacional de España, Radio Amsterdam, Radio France Internacional e a BBC.

- Participa en revistas e publicacións como: INETemas; Papeles de cuestiones internacionales; Cuadernos del Este; Grial; Noticias Obreras; Gran Vía; Cooperativismo e Economía Social; Análise empresarial; Galicia Internacional; Outras voces; Ar!; Revista de Estudios Asiáticos; Política Exterior; Economía Exterior; El Viejo Topo; Tempos Novos; ECO; Revista d'Afers internationals-CIDOB, etc.

Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais.

É membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares.

É membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega.

[Novembro, 2005]