Benvido/a ao espazo didáctico da AELG

Este espazo está pensado pola Aelg como unha ferramenta de traballo e de coñecemento ao redor da obra dos nosos escritores/as. Pretende ser, pois, unha xanela aberta á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega enfocados ás diferentes etapas educativas (primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato), sen esquecer aquel alumnado con necesidades educativas específicas.

A colaboración dos profesionais do ensino resultou indispensábel á hora da elaboración e deseño das diferentes unidades didácticas que este espazo virtual ofrece ao sector da docencia, docentes e discentes, mais tamén accesíbel ao conxunto da sociedade.