Pronunciamento da Aelg en favor do Documento para a defensa do galego no ensino
7/7/2009
Ao final do documento pódense ver as adhesións recibidas a través da AELG.

   Perante as medidas involucionistas do actual goberno da Xunta de Galiza, cara á lingua galega, idioma propio do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada eliminación da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, a AELG quere adherirse ao documento presentado e ratificado por colectivos sociais, profesionais e sindicais.

 

   Subscribimos os puntos deste pronunciamento na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.

A AELG convida aos escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa.

_______________________________________________________________

 

Documento en defensa do galego no ensino:


 

 

As organizacións abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

 

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

 

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

 

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”, pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

 

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

 

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

 

  1.        Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
  2.        Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
  3.        Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

 

A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités, Coordinadora de Equipas de Dinamización e Normalización Lingüística de Ferrolterra, Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, Coordindora de Equipas de Dinamización e Normalización Lingüística de Compostela, NEG (Nova Escola Galega), STEG (Sindicato dos/as traballadores/as do Ensino de Galicia).

 

 

 


 

 

Adhesións ao documento recibidas na Asociación de Escritores en Lingua Galega (actualizadas ás 10:00 do 7 de xullo de 2009)

 

Escritores Socias/os da Aelg:

 

  1. Afonso Becerra
  2. Agustín Fernández Paz
  3. Alberte Momán
  4. Alexandre Nerium
  5. Alfredo Ferreiro
  6. Álvaro Lago
  7. Anselmo López Carreira
  8. Antía Otero
  9. Antonio Reigosa
  10. Anxo Tarrío
  11. Baldo Ramos
  12. Basilio Losada
  13. Bieito Iglesias
  14. Camilo Valdehorras
  15. Carlos Caetano Biscainho
  16. Carlos Mosteiro
  17. Carlos Vázquez González
  18. Cesáreo Sanchez
  19. Chelo Suárez
  20. Chus Pato
  21. Claudio Pato
  22. David Otero
  23. Eduardo Estévez
  24. Esperanza Mariño
  25. Euloxio R. Ruibal
  26. Eva Veiga
  27. F. R. Lavandeira
  28. Francisco Brives
  29. Francisco Castro
  30. Francisco Pillado Maior
  31. Helena González
  32. Helena Villar Janeiro
  33. Inma López Silva
  34. Isaac Alonso Estraviz
  35. Isabel Mociño
  36. Isidro Novo
  37. J. Carlos Quiroga
  38. Luís Paradelo
  39. Marcelino F. Mallo
  40. Margarita Ledo Andión
  41. María Lado
  42. María Xesús Lama
  43. María Xosé Lamas
  44. Mario Regueira
  45. Marta Dacosta
  46. Mercedes Queixas
  47. Montserrat Pena Presas
  48. Paco Souto
  49. Paulino Pereiro
  50. Pilar García Negro
  51. Ramón Caride
  52. Ramón Nicolás
  53. Rexina Vega
  54. Santiago Jaureguízar
  55. Santiago Prol
  56. Silverio Cerradelo
  57. Toño Núñez
  58. Vicente Piñeiro
  59. X. A. Perozo Ruíz
  60. X. H. Rivadulla Corcón
  61. X. L. Axeitos
  62. X. L. Martínez Pereiro
  63. X. M. Martínez Oca
  64. Xabier López
  65. Xabier Paz
  66. Xaime M. Requeixo
  67. Xavier Seoane
  68. Xesús González Gómez
  69. Xesús Rábade Paredes
  70. Xoán Carlos Domínguez Alberte
  71. Xoán-Ignacio Taibo Arias
  72. Xosé Ballesteros
  73. Xosé Estévez
  74. Xosé Manuel Álvarez Cáccamo
  75. Xosé Ramón Pena
  76. Yolanda Castaño

 

 

 

 

 

Outras adhesións:

 

  1. Asociación Cultural A Pipa, Becerreá
  2. Carlota Eiros
  3. Eladio Anxo Fernández Manso
  4. Elias Rozas Álvarez
  5. María Isabel Cao Santamaría
  6. Mercedes Pacheco Vázquez, tradutora
  7. O Grelo Producciones S.L.
  8. Raúl Sotelo Vázquez
  9. Silvia Diéguez
  10. Xabier Ron Fernández